Thursday 28 de March de 2024

O BNG manterá reunións nas parroquias para darlle protagonismo ás demandas veciñais


O BNG ribeirense vai desenvolver durante todo o mes de xuño reunións en todas as parroquias do concello para escoitar á veciñanza e trasladar as súas demandas aos organismos e institucións pertinentes.

Segundo informou o responsábel local do BNG, Xabier Vidal Peón, “tras dous anos sen poder facer estas asembleas abertas nas parroquias por mor da pandemia, decidimos retomalas para escoitar de primeira man todas as necesidades que ten a veciñanza”. Vidal Péon detallou que as reunións denominadas “Parroquias con Voz” teñen un carácter aberto e calquera persoa pode achegarse para preguntar cuestións do seu interese, facer propostas ou simplemente escoitar.

En palabras do voceiro nacionalista, Luís Pérez Barral, “Parroquias con Voz pretende darlle maior protagonismo ás parroquias, por seren as grandes esquecidas e desatendidas do goberno local”. Segundo Barral, “imos facer algo que o PP foi incapaz de realizar nos 30 anos que leva á fronte do Concello, que a veciñanza participe e poida escoller o destino dunha parte dos Orzamentos que se destinan á súa parroquia”.

Calendario de xuntanzas

Palmeira: 3 de xuño, ás 20:30h na casa do mar
Castiñeiras: 9 de xuño, ás 20:30h na casa da cultura
Corrubedo: 10 de xuño, ás 20:30h na casa do mar
Oleiros: 16 de xuño, ás 20:30h no centro social
Olveira: 17 de xuño, ás 20:30h no centro social
Artes: 30 de xuño, ás 20:30h no centro recreativo
Carreira: 1 de xullo, ás 20:30h na casa da cultura
Aguiño: 8 de xullo, ás 20:30h na casa da cultura